Busca un artículo en el blog

11 de abril de 2011

Bases XIV Premio de Investigación Concello de Pontedeume

Echandole un ojo al BOP he visto que tenemos en el concello un premio de investigación, el cual merece una mención. Por eso voy a incluir las bases para todo aquel que quiera presentarse para el premio de 1.100€ (acogido a vigente retención de IRPF) ya que por lo que veo aún teneis tiempo los interesados:
BASES XIV PREMIO DE INVESTIGACIÓN CONCELLO DE PONTEDEUME
1.- O tema da investigación versará sobre aspectos etnográficos de Pontedeume ou a da súa Comarca.
2.- Establécese un único premio dotado coa cantidade de 1.100 € *.
3.- A lingua empregada nos traballos será a galega.
4.- Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva. Os traballos serán inéditos e que non teñan obtido ningún premio anteriormente.
Entregaranse orixinais e catro copias en tamaño folio, mecanografados a dobre espacio e por unha soa cara.
A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 100, incluídos os documentos gráficos, fotográficos e outros elementos que os ilustren.
5.- As obras poderán presentarse directamente ou ben ser remitidas por correo certificado ao Rexistro Xeral da Secretaría da Casa do Concello de Pontedeume, (Rúa Real, 17 - 15600 Pontedeume - A Coruña) en sobre pechado co título da investigación e o lema do autor, acompañado doutro sobre pequeno no que conste o auténtico nome e apelidos do autor así como o seu teléfono e o enderezo.
6.- O prazo de presentación remata o 24 de xuño de 2011.
7.- a decisión do xurado será inapelable. O nome das persoas que o compoñen así como a súa decisión comunicarase aos participantes e público en xeral o día da entrega do premio, e difundirase a través dos medios de comunicación.
8.- A resolución final do xurado darase a coñecer o día 28 de setembro de 2011.
9.- O premio poderá quedar deserto de non existiren traballos de calidade a xuízo do xurado.
10.- Os organizadores do premio resérvanse o dereito de cancelar o premio ou resolver os imprevistos sen estar na obriga de comunicárllelo previamente aos participantes.
11.- O traballo premiado, así como aqueles que o xurado considere de interese serán publicados na revista de investigación local Cátedra. Revista eumesa de estudios.
12.- A participación neste premio de investigación implica a aceptación das presentes bases.

No hay comentarios: